jueves, 21 de mayo de 2020

Tarefas do 21 ó 28 de maio de 2020.

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 21 ó 28 de maio de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Continuamos coa Unidade 7: Os traballos na Natureza.
Podemos dividir estas tarefas en 2 sesións ou dous días para facelas.

1º día: 
Leeremos a páxina 98 e 99 que trata sobre Os traballos que obteñen productos vexetais e respondemos na libreta da asignatura as preguntas que figuran na páxina 99 no apartado de Actividades.

Todas as actividades hai que facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nunha folla pautada ou cuadriculada. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

2º día:

Nun segundo día leeremos as  páxinas 100, leemos con coidado esa páxina para enterarnos ben do que explican nela e responderemos as preguntas que hai nesa páxina no apartado Traballa coa imaxe.  
Pasamos logo á páxina 101 e leemos a explicación sobre a pesca e a acuicultura e realizamos as 2 Actividades desa páxina.

Se tedes algunha dúbida ó realizar algunha tarefa o calquer outra dúbida doutro tipo, podedes consultar conmigo no meu enderezo que é: manuel.cole.corgo@gmail.com

O prazo que se indica é orientativo. Se alguén non o puido facer neses días, non vos preocupedes, ídeo facendo pouco a pouco e enviádemo cando poidades, xa sei que é máis difícil facer as tarefas cando non estamos no colexio cos nosos compañeiros e cos profesores.

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse... 

Ademáis póñovos dous videos explicativos sobre os tipos de traballos a continuación:

sobre as actividades que traballaremos esta semana.

Espero que vos gusten os videos e que o traballo non sexa moi pesado...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Tarefas do 6 ó 20 de maio de 2020.

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 6 de maio ó 14 de maio de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Comenzamos coa Unidade 7: Os traballos na Natureza.
Podemos dividir estas tarefas en 2 sesións ou dous días para facelas.

1º día: 
Leeremos a páxina 94 que trata sobre Sandías...cadradas ! e tamén a páxina 95 e a continuación respondemos na libreta da asignatura as preguntas que figuran nesa páxina 95 e que son as seguintes:.

1. Onde se cultivaron por primeira vez as sandías cadradas?
2. Como se consegue que esta froita adopte esa forma?
3. Como é o traballo do agricultor?
4. Por que pensas que ao agricultor que creou as sandías
cadradas é considerado un artesán da froita?

Non fagades o exercicio de expresión oral desa páxina.

As actividades hai que facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nunha folla pautada pautada ou cuadriculado. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

2º día:

Nun segundo día leeremos as  páxinas 96 e 97 sobre O Traballo e a Clasificación dos traballos. Facemos logo, la libreta da asignatura, as Actividades 1 e 2.

Se tedes algunha dúbida ó realizar algunha tarefa o calquer outra dúbida doutro tipo, podedes consultar conmigo no meu enderezo que é: manuel.cole.corgo@gmail.com

O prazo que se indica é orientativo. Se alguén non o puido facer neses días, non vos preocupedes, ídeo facendo pouco a pouco e enviádemo cando poidades, xa sei que é máis difícil facer as tarefas cando non estamos no colexio cos nosos compañeiros e cos profesores.

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse... 

Ademáis póñovos dous videos explicativos sobre os tipos de traballos a continuación:

1. Sobre os sectores primario, secundario e terciario. 
2. Outro que nos fala específicamente do sector primario.

que é o que estamos traballando nas actividades de hoxe.

Espero que vos gusten os videos e que o traballo non sexa moi pesado...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.