lunes, 15 de junio de 2020

Tarefas do 15 ó 19 de xuño de 2020

Un saúdo para tod@s !

Xa nos quedan poucos días para o remate do curso e a tarefa deste remate de curso consiste en leer tres páxinas e ver dous videos moi interesantes. Un de pouco máis dun minuto e outro de case 4 minutos. Duran pouco pero son moi interesantes, xa veredes...

As actividades que teremos que facer dende o 15 ó 19 de xuño de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Abrimos noso libro na Unidade 9: O paso do tempo. Comezaremos leendo as páxinas 124 e 125 que tratan sobre A Historia e as súas etapas e a continuación a páxina 130 que fala de Galicia na Prehistoria.

No seguinte enlace tedes un video no que un alumn@s da vosa idade explican o que é o Paleolítico.
Video sobre O Paleolítico.

E a continuación espero que o pasedes ben vendo un video que vos conta a Historia de Galicia dende a Prehistoria ata a declaración do Camiño de Santiago (en torno ó ano 800 despois de Cristo). Estiven mirando moitos videos e creo que este é o que millor explica esa parte da nosa Historia...



Espero que vos guste o video e a lectura fora interesante...
Bueno, e esta foi a última tarefa antes das vacacións de verán. Espero que teñades unhas moi felices vacacións de verán.

Unha aperta moi grande para tod@s !

Manuel.

lunes, 8 de junio de 2020

Tarefas do 8 ó 14 de xuño de 2020

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 8 ó 14 de xuño de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Entramos na Unidade 9: O paso do tempo.
Comezaremos leendo as páxinas 122 e 123 que tratan sobre A medida do tempo.
Veremos aquí qué unidades de medida utilízanse para medir o paso do tempo ó longo da Historia: a década, o lustro, o século...

Logo faremos as 3 Actividades que temos na páxina 123.
Todas as actividades hai que facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nunha folla pautada ou cuadriculada. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com


Despois desta introducción á medida do tempo na Historia veremos un vídeo que nos falará dos periodos ou etapas da Historia. O enlace ó vídeo é o seguinte:

- Da prehistoria á historia, as edades do home.

Espero que vos guste o video e que o traballo non sexa moi pesado...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.

lunes, 1 de junio de 2020

Tarefas do 1 ó 7 de xuño de 2020

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 1 ó 7 de xuño de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Continuamos coa Unidade 8: Os traballos nas fábricas e nos servizos.
Esta semana vou poñer moi pouco traballo... e pódese facer en media hora aproximadamente.

Leeremos a páxina 108 e 109 que trata sobre Os traballos do sector secundario e respondemos na libreta da asignatura as preguntas 1 e 2 que figuran na páxina 109 no apartado de Actividades. Non facemos á actividade 3, xa que é unha actividade que é millor facer estando todos xuntos compartindo opinións.

Todas as actividades hai que facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nunha folla pautada ou cuadriculada. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse... 

Póñovos a continuación dous videos explicativos (duns 3 minutos cada un) sobre os tipos de traballos do sector secundario e terciario que poden axudarvos a entender millor esta división dos traballos:



Espero que vos gusten os videos e que o traballo non sexa moi pesado...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.