lunes, 1 de junio de 2020

Tarefas do 1 ó 7 de xuño de 2020

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 1 ó 7 de xuño de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Continuamos coa Unidade 8: Os traballos nas fábricas e nos servizos.
Esta semana vou poñer moi pouco traballo... e pódese facer en media hora aproximadamente.

Leeremos a páxina 108 e 109 que trata sobre Os traballos do sector secundario e respondemos na libreta da asignatura as preguntas 1 e 2 que figuran na páxina 109 no apartado de Actividades. Non facemos á actividade 3, xa que é unha actividade que é millor facer estando todos xuntos compartindo opinións.

Todas as actividades hai que facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nunha folla pautada ou cuadriculada. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse... 

Póñovos a continuación dous videos explicativos (duns 3 minutos cada un) sobre os tipos de traballos do sector secundario e terciario que poden axudarvos a entender millor esta división dos traballos:



Espero que vos gusten os videos e que o traballo non sexa moi pesado...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.