lunes, 15 de junio de 2020

Tarefas do 15 ó 19 de xuño de 2020

Un saúdo para tod@s !

Xa nos quedan poucos días para o remate do curso e a tarefa deste remate de curso consiste en leer tres páxinas e ver dous videos moi interesantes. Un de pouco máis dun minuto e outro de case 4 minutos. Duran pouco pero son moi interesantes, xa veredes...

As actividades que teremos que facer dende o 15 ó 19 de xuño de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Abrimos noso libro na Unidade 9: O paso do tempo. Comezaremos leendo as páxinas 124 e 125 que tratan sobre A Historia e as súas etapas e a continuación a páxina 130 que fala de Galicia na Prehistoria.

No seguinte enlace tedes un video no que un alumn@s da vosa idade explican o que é o Paleolítico.
Video sobre O Paleolítico.

E a continuación espero que o pasedes ben vendo un video que vos conta a Historia de Galicia dende a Prehistoria ata a declaración do Camiño de Santiago (en torno ó ano 800 despois de Cristo). Estiven mirando moitos videos e creo que este é o que millor explica esa parte da nosa Historia...



Espero que vos guste o video e a lectura fora interesante...
Bueno, e esta foi a última tarefa antes das vacacións de verán. Espero que teñades unhas moi felices vacacións de verán.

Unha aperta moi grande para tod@s !

Manuel.