viernes, 20 de marzo de 2020

Presentación

Presentación

Benvidos/as!

Este blog da asignatura de Sociais de 3º de primaria é a continuación e do que iniciamos na web do colexio en: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcorgo/aulavirtual2/course/view.php?id=28
pero por razóns de organización consideramos que sería millor ter un espacio aparte para dedicarlle a esta asignatura, xa que cando creamos aquel non consideramos que este periodo sen clases presenciais se fora a prolognar por tanto tempo.

A aprendizaxe é algo que non podemos deixar de lado a esta idade, así que intentaremos ir traballando como o faríamos en clases pero dun xeito máis lento por razóns evidentes...

Este blog é un tipo de página web co que ímonos a comunicar, además do correo que vos facilitaréi a continuación. Este correo sustítue o que utilizamos na web do colexio, xa que tamén consideramos que tíñamos que ter un exclusivo para esta asignatura. O novo correo ó que me podedes enviar os traballos que vaian facendo vosos fillos é o seguinte:   manuel.cole.corgo@gmail.com

As actividades que teñen que describimos neste blog abarcan o traballo que os alumnos terán que levar a cabo nunha semana ou en dúas. É moi diferente ó blog que teño como titor de 5º xa que en aquel as tarefas son por día pois son o profesor de 5 asignaturas, algunhas troncais e con moito máis contido que o que aquí traballamos.

E sen máis despídome de todos os pais/nais e alumnos que cursan a asignatura de Sociais 3.

Un saúdo,

Manuel.