domingo, 22 de marzo de 2020

Tarefas do 25 ó 31 de marzo de 2020.

Benvidos ó Blog da asignatura de Sociais de 3º de primaria de O Corgo.

A continuación figuran as tarefas que desenvolveremos na asignatura de Sociais de 3º de primaria neste periodo de clases non presenciais:


1. As primeiras tarefas que teremos que realizar dende o día 25 ata o 31 de marzo son as seguintes (o vindeiro mércores 1 de abril daréivos máis tarefas):

- Haberá que leer a páxina 78 do libro de Sociais de 3º de primaria e logo realizaremos as actividades que indican no apartado: Traballa coa imaxe. Son 5 as actividades desta páxina.

- A continuación leeremos a páxina 79 e realizaremos as actividades que alí figuran. Son 4 nesta páxina.

Por se alguén esquecéu coller o libro de Sociais figura abaixo unha copia destas dúas páxinas en formato pdf.

Se tedes con vos a libreta da asignatura, facede as actividades nela. Se non a tedes podedes facelo nun folio. Tamén podedes facelo no ordenador, nun procesador de textos: Word, Libre Office, Open Office...

Os que fagan a tarefa na libreta terán que facerlle unha foto e enviarma. Os que utilicen o ordenador terán que enviarme o arquivo.

Enviádeme as tarefas dos pequenos ó correo: lugocorgo@gmail.com, indicando no asunto que son da asignatura de Sociais 3. Poderíades poñer en Asunto: Deberes Sociais 3.

Un saúdo e bo traballo !