miércoles, 1 de abril de 2020

Tarefas do 1 ó 15 de abril de 2020.

Tarefas a realizar polos alumnos da asignatura de Ciencias Sociais de 3º de primaria durante o periodo do 1 ó 15 de abril de 2020, no que non teremos clases presenciais para evitar a propación do coronavirus.

A tarefa que terán que realizar os alumnos é a seguinte:

- Haberá que leer a páxina 80 do libro de Sociais de 3º de primaria e logo realizaremos as actividades que indican no apartado: Traballa coa imaxe. Son 4 as actividades desta páxina.

- A continuación leeremos a páxina 81 e realizaremos as actividades que alí figuran. Son 3 nesta páxina.

Por se alguén esquecéu coller o libro de Sociais figura abaixo unha copia destas dúas páxinas 80 e 81 en formato pdf.

Se tedes con vos a libreta da asignatura, facede as actividades nela. Se non a tedes podedes facelo nun folio. Tamén podedes facelo no ordenador, nun procesador de textos: Word, Libre Office, Open Office...

Os que fagan a tarefa na libreta terán que facerlle unha foto e enviarma. Os que utilicen o ordenador terán que enviarme o arquivo.

Esta tarefa deberíades de tela feita para o día 15 de abril (ou sexa que aínda tedes moito tempo), xa que a vindeira semana deberíamos de considerala todos de vacacións.

Por se hai alguén que teña máis gañas de traballar estos días, engadiréi o luns algunhas tarefas máis de reforzo e algún video ou xogo sobre este tema.

Enviádeme as tarefas realizadas ó seguinte correo: manuel.cole.corgo@gmail.com
Este correo substitúe o anterior  lugocorgo@gmail.com que non utilizaremos nesta asignatura, a partires de agora, por motivos de organización.

Se alguén enviou a tarefa a ese correo non ten que volvela a enviar ó novo correo, pero a partir desta data todos os traballos deben enviarse ó novo correo, que, repito unha vez máis, é:
manuel.cole.corgo@gmail.com


Un saúdo e bo traballo !

Manuel.

 Páxinas 80-81 do libro de texto. Ficheiro