miércoles, 29 de abril de 2020

Tarefas do 27 de abril ó 5 de maio de 2020

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 27 de abril ó 5 de maio de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Podemos dividir estas tarefas en 2 sesións ou dous días para facelas.

1º día: 
Leeremos as páxinas 86 e 87 que tratan sobre os servizos municipais do Concello. Leemos en primeiro lugar a páxina 86 e realizamos as actividades do apartado Traballa coa imaxe. Copiamos as preguntas e ímolas respondendo.

As actividades podedes facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten, podedes facelas nun folio, en blanco, pautado ou cuadriculado. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

2º día:
A continuación pasamos á páxina 87, leemos o pequeño texto que hai na parte superior da páxina e logo realizamos os 4 exercicios do apartado Actividades.

Nesta unidade revisamos o que é o Concello e as persoas que nel traballan.

Todos sabedes onde está o noso Concello, o concello de O Corgo, xa que está na mesma estrada que o colexio, a pouco máis dun kilómetro, e moitos pasades por diante del cando vides no autobús do colexio.

Se tedes algunha dúbida ó realizar algunha tarefa o calquer outra dúbida doutro tipo, podedes consultar conmigo no meu enderezo que é: manuel.cole.corgo@gmail.com

O prazo que se indica (do 27 de abril ó 5 de maio de 2020) é orientativo. Se alguén non o puido facer neses días, non vos preocupedes, ídeo facendo pouco a pouco e enviádemo cando poidades, xa sei que é máis difícil facer as tarefas cando non estamos no colexio cos nosos compañeiros e cos profesores.

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse...

Bueno, e por esta semana nada máis...

Unha aperta (un abrazo) moi grande para tod@s !

Manuel.