lunes, 20 de abril de 2020

Tarefas do 20 ó 27 de abril de 2020.

Un saúdo para tod@s !

As actividades que teremos que facer dende o 20 ó 27 de abril de 2020 da asignatura de Sociais de 3º de primaria son as seguintes:

Leeremos en primeiro lugar  as páxinas 82 e 83 do libro de Sociais e logo faremos a actividade 1 da páxina 83. Estas dúas páxinas tratan da Poboación, dos grupos de poboacións e dos cambios que teñen lugar nas poboacións das vilas, concellos...

A continuación pasamos a un contido completamente diferente que é o que trata o que é O Concello e as personas que forman parte del. Leeremos as páxinas 84 e 85 e faremos os 3 exercicios que hai no apartado Actividades.

As actividades podedes facelas na libreta de Sociais. Se alguén non a ten podedes facela nun folio, en blanco, pautado ou cuadriculado. Os pais podedes facerlle unha foto co móbil en enviarma ó correo seguinte: manuel.cole.corgo@gmail.com

Lembrade que os plazos son orientativos. A situación especial pola que están atravesando os pequenos fai que a algúns lles coste máis concentrarse e levar a cabo as tarefas, mentras que outros nenos/as levan millor esta situación. O importante é ir avanzando pouco a pouco aínda que nunca serán o mesmo as clases presenciais que traballar só na casa, sen a axuda e motivación do profesor e dos seus compañeiros.

Non inclúo aquí as páxinas do libro de texto xa que a maioría do alumnado foi buscar os libros o colexio estos días. Se alguén non ten o libro de texto e precisa unha copia das páxinas que aquí menciono que mo faga saber a través do email.

Ánimo e continuemos aprendendo !